Procura de novos mercados para os produtos audiovisuais da eurorrexión Galicia-Norte Portugal. Estudo de caso en Newark

Marcos Taboada García

Resumo


A investigación fundaméntase na presunción da necesidade dunha redimensión da industria audiovisual, xenericamente lusófona, mais nomeadamente galega e do norte portugués. Ao abeiro dos novos vieiros que a figura xurídica da AECT (Agrupación Europea de Cooperación Transfronteiriza) fornece á eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, plantéxanse cuestións que atinxen á idoneidade de certos procesos de, ao mesmo tempo, concentración (ou concertación) empresarial e diversificación produtiva, tentando abranguer ao fío da potencial expansión, novos ámbitos de mercado, resultas dun plantexamento lingüístico-cultural que abre unha canle de distribución solvente de contidos pra unha poboación de arredor dos 250 millóns de falantes. Neste senso, a maiores da incidencia prevista nos mercados internos, resulta relevante a análise da proxección exterior desta industria, valéndose a tal efecto do estudo de caso que proporciona o continxente migracional de ambos territorios na localidade estadounidense de Newark. Amais das conclusións sobre do caso plantexado, procurase un duplo obxectivo: unha potencial introdución nos mercados internos xerais dese país; e a obtención dunhas xeralidades potencialmente extrapolables a outros posibles estudos posteriores en sociedades que compartan condicionantes semellantes.

Palavras-chave


Euro-rexión Galicia-Norte Portugal; produción audiovisual; comunidades lusófonas

Texto Completo:

PDF


...............................................................................................................

.:: LASICS ::.
Centro de Estudos de Comunicação e Sociedade (CECS)
Universidade do Minho