Os medios públicos, as primeiras vítimas: A desaceleración da radiotelevisión como servizo público esencial
Resumo
Partindo do que sen dúbida delimita o ámbito de reflexión sobre a necesidade estratéxica de atribuirlles o carácter de servizo público esencial ós medios que configuran o sistema da radiodifusión e televisión nun país, dáse conta de cómo cada vez se fai máis borrosa a fronteira que ata hai ben pouco o preservaba da tendencia neoliberal e mercantilista que busca desactivalo. As políticas de comunicación condicionan igualmente as súas estratexias ó obxectivo da competitividade, supeditando nas súas directivas os principios normativos – liberdade, verdade, pluralismo, construción identitaria – ós puramente comerciais e consumistas. Nese desprazamento das políticas de comunicación cara o ámbito da radiotelevisión privada, os medios públicos de radio e televisión entran en crise, á que contribúe tamén a dependencia política que moitos deles seguen a ter – a Compañía de Radiotelevisión de Galicia, entre eles – dos gobernos de turno.
Texto Completo:
PDFApontamentos
- Não há apontamentos.
...............................................................................................................
.:: LASICS ::.
Centro de Estudos de Comunicação e Sociedade (CECS)
Universidade do Minho
Anuário Internacional de Comunicação Lusófona
ISSN 1807-9474