Cibermermedios galegos, un elo forte na integración de Galiza no espazo lusófono

Xosé López García

Resumo


O obxectivo é explicar como os cibermedios galegos permitiron un salto adiante cuantitativo e cualitativo no sistema de medios de comunicación galego que emprega a lingua propia do país e, polo tanto, a súa contribución á integración de Galiza no espazo lusófono. Este ano, cando se cumplen doce anos da aparición de Vieiros, o “primeiro barrio galego en internet”, hai xa un grupo de medios que ofrecen diariamente información e que teñen unha considerable presenza local, ao tempo que permiten que Galiza esté no escenario mundial con voz propia e que manteña máis lazos cos outros países lusófonos. Para analizar o panorama, desde Novos Medios fíxose, no marco do seguimento dos cibermedios galegos, un estudo completo das características dos principais productos, dos mecanismos de participación cidadá que implantaron e das características que definen o seu proxecto xornalístico. A radiografía dos productos fíxose mediante a aplicación da análise de contido, fase xa rematada, e agora está rematando a fase de debate dos resultados nos grupos de discusión.

Palavras-chave


Ciberxornalismo, información sobre Galiza na rede, sistemas informativos.

Texto Completo:

PDF

Apontamentos

  • Não há apontamentos.


 

 

 

 

 

 

...............................................................................................................

 

.:: LASICS ::.
Centro de Estudos de Comunicação e Sociedade (CECS)
Universidade do Minho

Anuário Internacional de Comunicação Lusófona
ISSN 1807-9474