Entre-fronteiras: o cinema como lugar xeo-políticos

Margarita Ledo Andión

Resumo


Un pequeno filme, de nome Galicia, perdido dende o ano 1936 e recén corcosido en 2011, de modo provisorio, a partires da aparición de varias bobinas nun arquivo ruso, é cosiderado pola historiografía o primeiro filme nacional galego. Se na tradición autoral moderna –de Godard a Comolli– unha das acepcións máis comprometidas do cinema foi pensalo como un obxecto artístico “capaz de facer ver”, no cinema contemporáneo esta función acolle un novo valor cando se analiza dende un espazo socio-comunicativo específico – singular ou plural– e se vincula coa construción/constitución dun proxecto político que, pola súa vez, alonga as súas ás pola paisaxe incerta do coñecemento, da interculturalidade e, en definitiva, da diversidade como novo principio cidadá. Ao abeiro da posibilidade de acceso a este cinema–outro a través dos novos modos de consumo cultural, un filme devén un traballo de escrita e, ao mesmo tempo, unha marca-país, unha proposta de visión e unha interface para un espazo-proxecto que, coma o asi denominado “lusófono”, inclúe varias e variadas aproximacións.

Palavras-chave


Galicia; Carlos Velo; cinema nacional; espazos de comunicación; xeo-lingüística e xeo-política crítica

Texto Completo:

PDF


...............................................................................................................

.:: LASICS ::.
Centro de Estudos de Comunicação e Sociedade (CECS)
Universidade do Minho