Espiritualidade franciscana, disciplina e caridade no Portugal da Idade Moderna. Os Terceiros de Ponte de Lima

Alfredo Martín García

Resumo


O ESPERTAR DO MOVEMENTO FRANCISCANO

TERCEIRO NO PORTUGAL DA IDADE MODERNA

O nacemento da Orde Terceira de Penitencia de San Francisco produciuse na Italia  medieval, nun contexto definido pola efervescencia relixiosa do século XIII[1]. Deixando ao marxe a controversia de se a orde foi unha fundación de San Francisco ou franciscana, do que non hai dúbida algunha é de que o seu rápido espallamento foi reflexo do éxito dunha fórmula que aínda non sendo plenamente orixinal soubo atraer a un número significativo de segrares cobizosos por atopar unha relixiosidade mais intensa sen renunciar á vida familiar. O decidido apoio que Roma deu ao movemento coa aprobación dunha regra en datas temperás (1289) consolidou o proceso de crecemento estendendo a nova fórmula por toda Europa e chegando tamén á Península Ibérica. Aínda que os datos con que contamos para o Medievo son moi puntuais e frecuentemente proceden de fontes problemáticas, cheas de lendas e esaxeracións, semella probado a existencia de terceiros para aqueles tempos no territorio peninsular[2].


[1] Este traballo forma parte do proxecto de investigación «Marginación y respuesta social en el Noroeste de la Península Ibérica durante el Antiguo Régimen», financiado polo Ministerio de Ciencia e Innovación (Ref. HAR 2010-17780).

[2] Sobre as orixes Vid. Amberes, Fredegardo de, La Tercera Orden Secular de San Francisco, 1221-1921, Barcelona, 1925.

 


Apontamentos

  • Não há apontamentos.