Da lanza ao portátil. Ao redor de certas estratexias de representación na fotografía galega
Resumo
Alicerzando en varias figuras chaves da fotografía galega do século XX, como son as de Joaquin Pintos, Luis Casado, José Suárez, Virxilio Vieitez e Manuel Vilariño, o artigo leva a cabo un percurso que, comezando na década dos anos trinta, remata na fronteira que separa os séculos XX e XXI. Dito traxecto serve para analisar certas estratexias de representación, así como para pasar revista a obxectos de grande fortaleza simbólica que se achan inseridos na cultura tradicional galega, quer na súa vertente material, quer na inmaterial, da cal a festa e a morte son dúas manifestacións sobranceiras. O percurso serve, aliás, para reflectir sobre as ideas de modernidade, estabelecendo comparanzas entre a obra de certos autores galegos e os seus homólogos contemporáneos.
Palavras-chave
Arquetipos, Fotografía, Modernidade, Representación, Símbolos
Texto Completo:
PDFApontamentos
- Não há apontamentos.
...............................................................................................................
.:: LASICS ::.
Centro de Estudos de Comunicação e Sociedade (CECS)
Universidade do Minho
Anuário Internacional de Comunicação Lusófona
ISSN 1807-9474