As modalidades de interactividade e participación nos medios dixitais en Galicia

María Dolores Calvo Ferreiro, Xosé López García, M. L. Otero L.

Resumo


Unha rede na que a relación entre osmembros constrúe unha comunidade, desenvolve un continuo diálogo e responde as inquedanzas de participación aparece como ese tótem da comunicación a través de Internet.A fidelización é a meta perseguida polos emisores para acumular cifras importantes de consumidores dos seus produtos. O discurso informativo en liña combina todo tipo de recursos visuais e de animación para atraer a uns usuarios que teñen xa identificada unha ampla variedade de fontes. O potente desenvolvemento de instrumentos que incrementan as capacidades de acceso e de conexión é o eixo en torno ó que xiran accións como crear, consumir, aprender e intercambiar a través de redes, indefectiblemente, enlazadas. Toda unha panoplia de artiluxios tecnolóxicos quemodifican o estatuto comunicacional analóxico e dixital. Os internautas enganchados a calquera das ferramentas que poboan ese cambiante universo da tecnoloxía están en disposición de interactuar, de xerar novas formas de expresión, outras maneiras de construír colectividades.

Palavras-chave


ciberxornalismo, interactividade, redes sociais, participación.

Texto Completo:

PDF

Apontamentos

  • Não há apontamentos.


 

 

 

 

 

 

...............................................................................................................

 

.:: LASICS ::.
Centro de Estudos de Comunicação e Sociedade (CECS)
Universidade do Minho

Anuário Internacional de Comunicação Lusófona
ISSN 1807-9474