Concentración e grupos de comunicación de España, Portugal e Iberoamérica

Francisco Campos Freire

Resumo


A globalización e a converxencia multimedia configuran unha grande paisaxe mutante, de crecemento e concentración, que atopa febles barreiras nacionais e trasnacionais na procura das tallas e sinerxías financeiras dos grupos mediáticos. Os vinte principais grupos mediáticos europeos suman en 2005 uns 105 000 millóns de euros e máis de 400 000 empregos. Os de España, Portugal e Iberoamérica, na procura do seu mercado natural do español e a lusofonía, agregan outros 50 000 millóns de euros. A concentración mediática avanza a través dos distintos mercados mundiais mentres que a lexislación sobre a protección do pluralismo retrocede ou atenúa. Con dobre impacto se temos en conta o efecto das novas tecnoloxías dixitais (banda ancha e móbeis) e os cambios nos novos modelos da distribución de contidos. O Consello de Europa, algúns Estados e outras institucións cívicas veñen poñendo riba da mesa a necesidade de aplicar máis políticas activas non só para a garantía da competencia senón tamén a prol da transparencia e a liberdade de expresión, a diversidade e o pluralismo.

Palavras-chave


Concentración, pluralismo, transparencia, converxencia

Texto Completo:

PDF

Apontamentos

  • Não há apontamentos.


 

 

 

 

 

 

...............................................................................................................

 

.:: LASICS ::.
Centro de Estudos de Comunicação e Sociedade (CECS)
Universidade do Minho

Anuário Internacional de Comunicação Lusófona
ISSN 1807-9474