Linguas, globalización e interculturalidade: unha reflexión desde o galego

Henrique Monteagudo

Resumo


A globalización neoliberal tende a reducir o valor das linguas á súa dimensión económica, reducíndoas a mercadorías (comodificación). A vella noción de comunidade lingüística-cultural sofre a competencia da nova noción de mercado lingüístico. Por outra banda, a globalización tamén erosiona o estatus das linguas oficiais dos estados nacións, favorecendo a posición do inglés, mentres que as novas tecnoloxías da comunicación ofrecen máis posibilidades de visibilización dunha diversidade lingüística previamente ocultada. Culminará a tendencia uniformizadora coa definitiva imposición da lingua global? Poderán algunhas das grandes linguas, como o español ou o portugués, atopar acomodación como linguas de comunicación internacional? Que vai acontecer coas linguas menores? Do que non hai dúbida é de que a comodificación das linguas resulta incompatible coa interculturalidade, desde que baleira e desposúe ás linguas da súa bagaxe cultural. Non obstante, a volta ao vello escenario da lingua nacional do estado monolingüe é inviable.
Neste contexto, cómpre vindicar a alternativa ecolingüística, de respecto á diversidade lingüística. Non será renunciando á súa condición bilingüe e dispersa como conseguirán abrir camiño comunidades lingüísticas menores como a galega. En canto ao espazo ibero-(afro-)americano, o futuro virá da construción dun espazo de comunicación horizontal entre socios libres, diversos e iguais. A clave radica en activar e fomentar o coñecemento e recoñecemento recíprocos, valorizando a nosa rica diversidade cultural e a vantaxe da mutua comprensión entre as nosas linguas.

Palavras-chave


globalización; lingua e cultura; diversidade lingüística; espazo de comunicación ibero-afro-americano; galego

Texto Completo:

PDF


...............................................................................................................

.:: LASICS ::.
Centro de Estudos de Comunicação e Sociedade (CECS)
Universidade do Minho