Jaime de Sousa Guedes Pacheco: Retrato e Ideoloxía

Vítor Vaqueiro Foxo

Resumo


O feito de a fotografía constituir o meio máis potente de representación fixo que se ubicase, xa desde o mesmo momento da súa invención, nun pretenso territorio de fidelidade ao mundo real, aspectos que, en maneira nengunha definen o seu auténtico estatuto. A fotografía en xeral e, en particular, unha das súas máis sobranceiras manifestacións, o retrato, constitúen un dispositivo que supón a interacción entre un ponto de vista persoal e un imaxinario colectivo, de tal maneira que, afirmando a liberdade da persoa que fotografa para decidir un certo número de cuestións, non é menos certo que a emerxencia do imaxinario impón, de maneira precisa, tamén a súa lóxica. Por outra parte, a específica relación que se estabelece entre quen fotografa e quen resulta fotografado, muda esa relación nun acto específico de exercicio de poder. A pose dos meios técnicos, así como o conxunto de decisións, técnicas e estéticas, encamiñadas á tomada dunha fotografía, son propriedade e responsabilidade practicamente exclusiva do ser que se sitúa detrás da cámara. Baixo estas perspectivas, procedeuse á análise dunha mostra de setenta e un retratos de persoas do sexo masculino e feminino, en número parello, tirados de entre os varios miles que o fotógrafo portugués Jaime de Sousa Guedes Pacheco realizou na cidade de Vigo entre o ano da súa chegada —1907— e o da súa morte, acontecida en 1954. A análise deste grupo significativo de fotografías deita con claridade un conxunto de características que falan do carácter ideolóxico da representación e, seguindo a G. Tuchman, do carácter de construción da realidade que todo acto fotográfico leva implícito. A nitidez do retrato fotográfico masculino, enfrontado ao sistemático emprego de flou no feminino, a frontalidade da ollada masculina, comparada coa esquiva feminina, a aparición dun ambiente semellante a un conxunto de nubes que elimina o contorno da muller, isolándoa da terra, aspecto que non aparece no caso do home, denotan a profunda diferenza á hora de defrontar ambos os dous xéneros e, polo tanto o ponto de vista subxectivo, ficcional e ideolóxico que acompañan a imaxe fotográfica.

Palavras-chave


fotografía, ideoloxía, Pacheco, retrato.

Texto Completo:

PDF

Apontamentos

  • Não há apontamentos.


 

 

 

 

 

 

...............................................................................................................

 

.:: LASICS ::.
Centro de Estudos de Comunicação e Sociedade (CECS)
Universidade do Minho

Anuário Internacional de Comunicação Lusófona
ISSN 1807-9474